Ola, bos dias, boas tardes ou boas noites, como querades, ¿que tal vai todo?
Hoxe vou contarvos algo sobre o meu traballo. En primeiro lugar, non é irrelevante saber que xa se acabou fai apenas un ano, isto é, acabouse co o ano escolar pasado. Entón xa sabedes en que consistou. Sí, eu fun profesor nun instituto alemán, co as materias francés, alemán, Esperanto, e dende a última década tamén de español, ó cabo dunha formación suplementaria. Agora teria todo o tempo para retransformar en xardín a xungla a carón da nosa casa, pero interesanme máis os estudos de lingüística – os que antes non podia profundar como queria. Pero isto non é traballo – ¡é pracer puro!
Na escola gustabame máis andar ás clases de xente nova os que se deixaban facilmente entusiasmar. Iso era máis difícil co os de 15 anos p.e. Ás veces chegaba a “contaxiar” tamén os máis vellos, sobretodo nas clases superiores, algunos dos cales agora son estudantes de ligüística.
O que menos me gustaba, sobretodo nos últimos anos, eran as clases demasiado grandes, co máis do que 30 alumnos, e isto en cinco aulas subseguintes, peor ainda nas aulas da tarde. Pois o barullo, en parte tamén cando cómpria educalos antes de comezar a ensinar. Pois isto é um problema político-económico, claro está.
Unha cousa que nos facilitaba o traballo e facialo ainda máis agradabel foi o contacto estupendo cos colegas. Sempre intercambiabamos as nosas experiencias e tamén os materiais de ensinanza. E cando tes problemas, é bo non quedarche só.
¿Basta para hoxe? Agur – e ata logo, Rudolf